Saltar ao contido principal

Publicacións

PARA REMATAR: A XOGAR!

Ata aquí chegou o curso 2017 - 2018 no C.E.I.P. Plurilingüe Nantes! E que mellor forma de celebralo que realizando xogos tradicionais! Para iso estivemos xogando durante esta última xornada de cole a saltar á corda, ás catro esquinas, ás bólas, ás chapas, ó trompo, ó tres en raia, á petanca, ó pano, á goma... Estivo xenial! Desexámosvos unhas moi boas vacacións. En setembro seguimos! A facer moito deporte durante o verán!
Publicacións recentes

ANDAINA ATA SANXENXO

Este venres, día 18 de maio do 2018, os alumnos e as alumnas de Infantil e 1º e 2º de Primaria realizamos unha  andaina ata Sanxenxo  na compaña da Policía Local. Durante o percorrido, visitamos a Praza de Abastos onde vimos unha chea de alimentos frecos e saudables. Acabamos a xornada algo cansos e cansas de tanto andar pero foi moi divertido!   

4ª XORNADA XOGADE (ALEVÍN)

Durante a cuarta xornada de XOGADE, os nenos e as nenas de 3º e 4º curso de primaria descansaron. Pero os de 5º e 6º recibimos a visita este mércores día 25 de abril do alumnado de 6º curso do CEIP E. Barreiro de Vilariño (Cambados).           Xogamos ó baloncesto, balonmán, xadrez, fútbol e brilé. Foron encontros moi disputados onte triunfou a deportividade. Moitas gracias pola visita a todos os nenos e as nenas de Vilariño, ata a próxima xornada!  Picando nas fotos poderás entrar na galería da xornada.

3ª XORNADA XOGADE (BENXAMÍN)

Este mércores, día 21 de marzo do 2018, completamos a 3ª xornada de XOGADE no CEIP de Nantes! Os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso de primaria recibimos a visita dos nenos e das nenas do CEIP Cruceiro. Comezamos xogando ó baloncesto e ó balonmán. Por mor do vento non puidemos xogar ó bádminton pero tivemos tempo para xogar un partido de fútbol e outro de brilé. Ó longo da mañá tamén xogamos varias partidas de xadrez. Ó rematar os xogos fixemos un merecido descanso e despedímonos ata a próxima xornada! Neste ENLACE podedes ver máis fotos do día.

3ª XORNADA XOGADE (ALEVÍN)

Este martes, día 20 de marzo, os alumnos e alumnas do CEIP de Nantes visitamos o CEIP de Noalla - Telleiro para vivir outra xornada de deporte na escola. Comezamos a mañá xogando ó baloncesto, ó bádminton e ó balonmán. Logo dun descanso, retomamos a actividade cun partido de fútbol e con varias partidas de xadrez. Para finalizar, xogamos unha gran partida de brilé entre todos e todas as participantes e despedímonos ata a próxima xornada. Foi un encontro moi divertido onde reinou a deportividade!